Como despedida o ultimo día de clase fixemos festa. Acompañounos a nosa querida Matilde, profe de PT, que tamén pasou
moitas horas con eles, tamén no comedor.
Este venres fomos de excursión, tivemos moita sorte co tempo, todo saiu como esperabamos.
Subimos aos cabalos, xogaron os indios e vimos de camiño cabras, un porco en liberdade e unha vaca, galiñas…
Hoxe, Mariña, deleitounos cun conto educativo.
Aprenderon a colocarse o cinto de seguridade e comportarse ben no coche.
Como fin da charla colorearon a ra “ancas “
No percorrido polo museo de obras mais senlleiras dos nosos pintores, viaxe en 3 D polo fondo do mar e xogando cos planetas do sistema sola...